SANTIAGO



    A Capital do Couto Mixto.



Santiago é un lugar da parroquia de Santiago dos Mixtos no concello de Calvos de Randín.
Tiña 80 habitantes no ano 2011 segundo datos do IGE, dos cales 43 eran homes e 37 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 67 habitantes (39 homes e 28 mulleres).
Na actualidade constitue un dos lugares máis fermosos do couto, se temos en conta a súa riqueza 
histórica, artística, medioambiental e social.

Historicamente Santiago de Rubiás desempregou o papel de capital do Couto Mixto, tiña as mesmas funcións que a capital moderna de calquera estado, pois nela residian o poder executivo, lexislativo e xudicial, que tiñan a súa sede no atrio da igrexa de Santiago.


Neste atrio era donde se reunían, O Xuíz, o equivalente, na actualidade, ó Presidente da República, e os tres homes de acordo, cada un representando a un dos pobos.
Ademais existia a figura duns cidadáns que tiñan dereito a voto nesta asemblea, catro de cada pobo e os cales eran elixidos polos homes que xa se independizaran da casa dos pais.

Este parlamento reuníase tódolos meses e votábanse as propostas dos representantes de cada pobo, polo que podemos decir que O Couto Mixto era unha República Democrática en toda regra.


Pero tamen era en Santiago onde residia o representante da Igrexa Católica, o párroco do Couto Mixto, que vaixo a súa xurisdicción tiña a un cura en cada unha das aldeas que configuran este fermoso territorio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario