MEAUS


Meaus é un lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende no concello de Calvos de Randín.
Tiña 35 habitantes no ano 2011 segundo datos do IGE, dos cales 16 eran homes e 19 mulleres.
É e era a aldea máis pequena do Couto Mixto, aínda así era a máis rica e moderna.
Na actualidade segue a ser unha aldea moi interesante pois e das poucas en Galicia onde se poden contemplar edificios de máis de dúas plantas, chegando algúns pazos a acadar as catro alturas.
Historicamente Meaus desempregou o papel de punto de encontro para comerciantes galegos e portugueses, nos momentos de auxe nesta aldea chegou a circular tabaco, sal, café e medicinas. Productos dos cales non
 podían desfrutar nin Galicia nin Portugal


Era tamen o lugar onde residía o xuíz, e toda a elite enriquecida do Couto Mixto, aínda hoxe en día se poden ver os maxestuosos pazosaquí construidos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario